Tarefa: Personalizar o avatar do curso (5 min)

Xa que este será un curso de bastante interacción, de cara a establecer diálogos máis proveitosos é interesante que nos identifiquemos facilmente uns aos outros. Para isto debemos configurar a imaxe de perfil (avatar) que temos en Platega2. É doado.

Que imaxe utilizar?

Non temos porque identificarnos necesariamente coa nosa cara, esa é unha cuestión persoal. Podemos buscar na rede calquera tipo de imaxe.

Como facelo?

Podes seguir estas instrucións:

  1. Decidimos e gardamos no nosos ordenador a imaxe que imos a seleccionar.
  2. Na esquerda da pantalla, no bloque "Administración" imos a "Editar o meu perfil", e navegamos ata "Imaxe do usuario".
  3. Unha vez alí, no campo "Nova imaxe" subimos a imaxe que queremos utilizar.
  4. Para gardar finalizamos clicando en "Actualizar perfil".

Data límite: #######

A avaliación desta tarefa realizarase directamente por parte do titor.