Tarefa textual: Elaboración dun artigo e participación no foro

Unha vez coñecemos a situación xeral do grupo e que tivemos acceso aos contidos propostos chega o momento de debater en base aun novo paradigma técnico. O debate é profesional, aberto e promóvese a participación de todos. Para isto:

  1. Farase unha primeira reflexión (síntese) dunha dimensión aceptable. Nela deberanse incluír reflexións que amosen a consulta dos materiais propostos. Engádense unha serie de preguntas para facilitar a reflexión.
    1. Temos claro o modelo metodolóxico no que como profesionais nos movemos?
    2. Condiciona o modelo metodolóxico o uso que facemos da tecnoloxía?
    3. Que problemas existen para implementar un cambio metodolóxico? como podemos contribuír a solucionalos?
    4. O colectivo docente estamos suficientemente formados para adoptar unha metodoloxía de traballo como a que aquí se propón?
    5. Que modelo de formación do profesorado consideramos máis adecuado á realidade actual?
    6. Onde remata a nosa posibilidade como docentes? e como cidadáns?
    7. Cal é o fin primeiro do sistema educativo? Cal debería ser?
    8. Que é a avaliación? A quen avaliamos? Como avaliamos?
    9. Estamos dispostos a realizar o sobre-esforzo que supón publicar as nosas actividades ou o seu resultado? e de asumir humildemente as críticas independizando persoa de contido?
    10. É un modelo demasiado complexo?
  2. Ademais, deberanse facer polo menos dous comentarios a artigos de outros compañeiros que nos chamen a atención.

Avaliación:

  • Co-avaliación: Os comentarios dos compañeiros servirán para interiorizar o feito de poñer a disposición pública un traballo e que este sexa "cuestionado" por iguais. (interacción intre iguais).
  • Avaliación docente: Simplemente se identifica o cumprimento da tarefa. A calidade da mesma debe vir definida pola comunidade (co-avaliación). Para isto cada artigo terá unha puntuación de 3 puntos, e cada comentario de 5. Para superar a actividade é necesario obter, como mínimo, un (3+5+5)/3= 4.3. Podes consultar na páxina de "Cualificacións" a túa evolución no curso.

Cada participante deberá "Engadir un novo tema de discusión" co título do seu artigo.

  • Tempo estimado da tarefa: 4 horas
  • Prazo de entrega: 30 de Outubro

(Aún no hay temas en este foro)