Tarefa produto: Elaboración do guión do REA

Que tipo de contido vou elaborar?

Como vimos nos contidos do curso, o concepto REA pode facer referencia a diversos tipos de contidos. Todo aquilo susceptible de ser utilizado educativamente, e que cumpra coas premisas de apertura que require o posible aproveitamento posterior por outro usuario da rede, podería ser considerado un REA.

Exemplos:

Chega o momento de comezar a nosa experiencia práctica.

O recurso que faga ten que ser orixinal?

Cada un de nós terá que decidir si para este traballo parte de REAs xa elaborados e decide transformalos ou, pola contra, prefire comezar un novo. No segundo dos casos hai que partir da idea de que este será transformado posteriormente por outros participantes do curso, e no futuro por calquera usuario da Rede.

Bebendo da metodoloxía de desenvolvemento de software libre incluso poderemos aportar REAs inacabados, admitindo como algo positivo a publicación de traballos educativos sen finalizar. Sempre e cando apareza explícito que é unha versión en desenvolvemento será posible compartilo para comezar a recibir esa gran cantidade de feedback que, necesariamente, redundará nun aumento da calidade do noso traballo.

Que se espera de min nesta tarefa?

A seguinte actividade ten como obxectivo centrarnos no propio contido do Recurso, de momento non imos a pararnos en cuestións tecnolóxicas nin coa ferramenta eXe. Limitarémonos ao guión inicial con algún dato de interese. Para iso, calquera das ferramentas que Platega nos ofrece pode ser suficiente. Nós utilizaremos o "foro" que é a que permite poñer a disposición público un contido textual para que poida ser comentado. Aínda así recomendamos escribir o guión no bloq de notas do noso ordenador, e logo darlle formato no propio foro en Platega para evitar que, por diferentes cuestións, cheguemos a perder o noso traballo.

Debemos realizar o guión do proxecto de traballo que, finalmente, se materializará nun REA.

Resumindo. teremos dúas opcións para comezar a traballar:

  1. Comezar un recurso orixinal
  2. Partir dun recurso xa elaborado.
    Neste caso é importante que cumpra requisitos de licenza, e ter acceso á súa fonte. Se non estamos seguros de si é así recomendamos utilizar un dos publicados polo CEDEC no apartado "Recursos", o Proxecto EDIA é tremendamente recomendable.

(deste xeito calquera das dúas opcións vai cumprir necesariamente coa Lei de Propiedade Intelectual. Os orixinais porque nós somos os titulares dos dereitos e podemos decidir sobre a súa licenza, e os do CEDEC porque están elaborados conforme a metodoloxía que se defende neste curso)

Nos dous casos propostos teremos que elaborar un pequeno informe a modo de bocexo de proxecto de traballo. Para iso é necesario comezar pola elaboración do seu índice:

O bocexo de creación ou transformación do REA deberá atender ás seguintes especificacións xerais. Non é necesario seguir esta orde, nin esta puntuación, é tan só unha proposta:

Si é un recurso orixinal propio debemos describilo atendendo ás seguintes especificacións:

Si é un recurso xa existente debemos elaborar un pequeno guión de transformación, segundo as seguintes especificacións:

  1. Deberá quedar definido un primeiro guión dos apartados do noso recurso (niveis de anidamento) con unha brevísima descrición. Por exemplo:
    1. Introdución
    2. Contido/Tarefa 1
      1. Contido/tarefa 1.2
      2. Contido/Tarefa 1.3
    3. Contido/Tarefa 2
      1. Contido/Tarefa 2.1
      2. Contido/Tarefa 2.2
    4. Guía didáctica
      1. Obxectivos
      2. Contidos
      3. Avaliación
      4. Recursos
      5. Etc....
    5. Autoría
  2. Deberá incluír un apartado de "Autoría" para a referencia dos autores (simplemente mencionar xa que esta pantalla será traballada específicamente no curso)
  3. Si se coñecen, referencias aos recursos multimedia que imos utilizar (imaxes, vídeos, textos... etc)
  1. Título e URL de acceso
  2. Xustificación da elección de ese recurso
  3. Informe de modificación: Que elementos van ser modificados. Con que fin?

Estes recursos poderá ser utilizado por nós ou por outros compañeiros ao longo do curso, e posteriormente será publicado na web.

  • Tempo estimado da tarefa: 5 horas
  • Prazo de entrega: 30 de Outubro

Cada participante deberá "Engadir un novo tema de discusión" co título do seu recurso.


(Aún no hay temas en este foro)