Tarefa 02: Primeira publicación do noso REA

Obxectivos da tarefa

No módulo 01 do curso reflexionamos, discutimos e creamos o armazón do noso REA. Neste módulo 02 imos dixitalizalo e completar o seu contido. Haberá que publicalo por primeira vez e compartilo cos participantes do curso na Aula Virtual para probas do CAFI. Os REAs que publiquemos neste módulo poderán ser modificados na tarefa do módulo 03 por compañeiros do curso.

Con esta tarefa pretendemos:

  • Dar a coñecer o noso traballo permitindo copias transparentes do mesmo.
  • Interiorizar o concepto de fonte, como elemento imprescindible no proceso de publicación dunha obra reutilizable nun contexto de cultura libre.
  • Familiarizarse coa uso da ferramenta eXe2.

Para a publicación do noso traballo non é necesario que este se atope finalizado, xa que simplemente pode pasar a formar parte dunha obra colectiva, ou funcionar a modo de inspiración para traballos de outros compañeiros.

Que imos publicar?

En que consiste a tarefa?

Aínda que na  Guía do curso (web) divídese a asignación de horas en tres apartados diferentes, cada participante do curso xestionará as 12 horas asignadas segundo a súa propia realidade.

Trataremos de:

  • Investigar as posibilidades de eXe consultando a documentación proposta na páxina principal do curso e realizando as prácticas que cada un considere.
  • Maquetar a nosa propia proposta utilizando a ferramenta eXe2, completando o guión co bocexo ou desenvolvemento dos contidos e das actividades e utilizando o  Foro do Módulo 02. Como o facemos? A ferramenta eXe como apoio para a consulta e resolución de dúbidas. Será importante, na medida do posible, responder ás consultas dos compañeiros tentando ofrecer a axuda necesaria.
  • Seguir, na medida do posible, as especificacións indicadas na "Guía para la creación de recursos educativos abiertos" do Proxecto EDIA.
  • Publicar o REA na Aula Virtual de Formación como "Sitio Web" ou "IMS"

Indicacións de obrigado cumprimento:

  • Sobre a Autoría: Incluír no REA unha pantalla de "Autoría e fontes" (ver exemplo) a modo de:
    • Recoñecemento dos autores
    • Indicación da licenza, que terá que ser Creative Commons BY-SA
    • Publicación da fonte (.elp) para a súa transformación. Existen varias posibilidades:
      • Incluír a fonte no propio REA: utilizando o iDevice ficheiro adxunto
      • Subir a fonte á web (Dropbox, Googledrive, etc) e ligala dende a páxina de "Autoría" do noso REA
  • Sobre a publicación: Exportación do recurso como "Sitio Web" ou "Estándar educativo > Paquete de contido IMS" na Aula Virtual de Probas "Curso200/aulavirtual2". Ver " Distribución e acceso á aula virtual de probas"
    Podedes atopar axuda na documentación do manual oficial ou no foro do curso:
  • Sobre a entrega da tarefa: Elaboración de informe de evolución a modo "control de versións" a cubrir na entrega da tarefa 
    (recoméndase facelo previamente e non escribir directamente na aplicación do foro para evitar o risco de poder perdelo).

Recomendacións:

Antes de comezar a traballar coa ferramenta recomendamos:

Como entregaremos a tarefa?

Cada participante do curso engadirá "un tema de conversa" neste foro que teña por título o do propio REA e copiará a seguinte táboa, substituíndo o texto en cursiva polos datos específicos do REA.

Título do recurso
Tipo de recurso  proposta educativa / resultado de proxecto / contido de formación docente
Destinatarios (nivel)
Área/áreas
Palabras clave (etiquetas):  Ler contido "Palabra clave"
URL do guión (tarefa 01):  Ligazón ao guión publicado na tarefa produto do módulo 01
URL do REA:  Ligazón á páxina principal do REA
Breve informe de modificación:

 Indicando brevemente os seguintes puntos:

  1. O traballo feito,
  2. O que está pendente 
    (pode servir de moita axuda para que outro docente poida completar o REA)
  3. Recomendacións
    Ideas que poidan servir a quen implemente o recurso.

(Aún no hay temas en este foro)