Tarefa 03: Modificación dun REA

Unha das ideas forza que pretendemos compartir con todos vós neste curso é o cambio de perspectiva no que á produción de recursos educativos por parte do profesorado se refire. Dadas as ferramentas técnicas (software + licenzas) xa non é necesario ter que reinventar a roda permanentemente comezando deseños dende cero. Partir de obras xa creadas está na xénese de internet e, tentaremos que así sexa, do traballo en rede que como docentes podemos chegar a facer.

Si na tarefa anterior dabamos a posibilidade de crear un recurso dende cero, para ver o proceso de creación da árbore de contido en eXe, nesta centrarémonos na modificación dun rea xa feito e publicado.

Con esta tarefa pretendemos:

  • Interiorizar as novas formas de colaboración que transformaron completamente as relacións de traballo en tódalas institucións.
  • Experimentar o sentimento que se da cando alguén modifica e aproveita o noso propio traballo.
  • Comprender o concepto de "obra colectiva"
  • Dar a coñecer o noso traballo permitindo copias transparentes do mesmo.
  • Interiorizar o concepto de fonte, como elemento imprescindible no proceso de publicación dunha obra reutilizable nun contexto de cultura libre.
  • Familiarizarse coa uso da ferramenta eXe2.
  • Coñecer a pantalla de "Propiedades" de eXe.

Que imos publicar?

  • Publicaremos o REA modificado xa como obra colectiva. O procedemento será similar á tarefa do módulo 02.

En que consiste a tarefa?

Pasos a seguir:

    1. Elección do REA a modificar. Temos diferentes procedencias a elixir:

      PROCEDENCIA

      VANTAXES INCONVINTES

      REAs dos propios participantes desta edición do curso

      (Acceso á listaxe de REAs presentados e marcados como APTOS polos titores)

      Accesibilidade dos autores orixinais para poder facerlle consultas relacionadas co REA Non temos REAs para todos debido ao retraso nas entregas das tarefas, polo que temos que habilitar outras orixes.

      REAs procedentes de outras edicións

      (Acceso ao blog do grupo en Redeiras "Crear e Compartir Recursos Educativos Abertos")

      Proceden de contextos máis próximos: docentes en fase de formación sobre REAs. Están aloxados no repositorio Procomún do Ministerior e son habituais as incidencias técnicas. É posible que o REA que nos interese non estea dispoñible.

      REAs do Proxecto EDIA do CEDEC (Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular en Sistemas Non Propietarios

      (Acceso á páxina de Recursos do CEDEC)

      Son a inspiración para o deseño deste curso. Tanto a nivel técnico (software e licenzas) como metodolóxico cadran totalmente co que, dende o curso, queremos transmitir. Non pertencen a un contexto próximo.
    2. Relizaremos e publicaremos, "engadindo novo tema de discusión" neste mesmo foro co título do REA, un informe do traballo de modificación do REA, a modo de declaración de intencións que inclúa:
      1. Ligazón do REA orixinal a modificar
      2. Pantallas a modificar
      3. Descrición das modificacións para cada unha das pantallas
    3. Investigar as posibilidades de eXe consultando a documentación proposta na páxina principal do curso e realizando as prácticas que cada un considere.
    4. Aplicar as modificacións sobre o REA seleccionado. Utilizaremos o  Foro do Módulo 03. Como o melloramos? como apoio para a consulta e resolución de dúbidas. Será importante, na medida do posible, responder ás consultas dos compañeiros tentando ofrecer a axuda necesaria.
      NOTA: Este foro de entrega de tarefas non se utilizará como "foro de dúbidas"
    5. Incluír no REA unha pantalla de "Autoría e fontes" (ver exemplo) a modo de:
      1. Recoñecemento dos autores
        (dado a que se tratará dunha obra colectiva deberán estar en consonancia coa aportación realizada por cada un)
      2. Indicación da licenza
      3. Elaboración dun brevísimo informe de evolución a modo de "control de versións" que inclúa as modificacións feitas.
      4. Publicación da fonte (.elp) para a súa transformación. Existen varias posibilidades:
        • Incluír a fonte no propio REA: utilizando o iDevice ficheiro adxunto
        • Subir a fonte á web (Dropbox, Googledrive, etc) e ligala dende a páxina de "Autoría" do noso REA
    6. Cubrir a pantalla de "Propiedades" do REA, alo menos os seguintes campos:
      Ver Manual "Área de trabajo: Propiedades"
        1. Título
        2. Idioma
        3. Autor/a
        4. Descrición
        5. Licenza
        6. Tipo de recurso
    7. Exportación e publicación do recurso como "Sitio Web" ou "Estándar educativo > Paquete de contido IMS" na Aula Virtual de Probas "Curso200/aulavirtual2". Ver " Distribución e acceso á aula virtual de probas"
      Podedes atopar axuda na documentación do manual oficial ou no foro do curso:

Recomendacións:

Antes de comezar a traballar coa ferramenta recomendamos:

Ainda que na  Guía do curso (web) se divide a asignación de horas en cinco apartados diferentes, cada participante do curso xestionará as 11 horas asignadas segundo a súa propia realidade.

Como entregaremos a tarefa?

  1. Crearemos un tema de conversa que teña por título o do propio REA e publicaremos o informe de modificacións.
  2. Publicado o informe poderase proceder a realizar as modificacións, exportar o REA, publicalo na web e, feitas estas modificacións, poderase engadir unha "resposta" ao mesmo tema de foro coa seguinte táboa, substituíndo o texto en cursiva polos datos específicos do REA.

Título do recurso
Tipo de recurso  proposta educativa / resultado de proxecto / contido de formación docente
Destinatarios (nivel)
Área/áreas
Palabras clave (etiquetas):  Ler contido "Palabra clave"
URL do REA de orixe
 Ligazón ao REA de orixe
URL do REA derivado:

 Ligazón web ao REA derivado

 


(Aún no hay temas en este foro)