Tarefa 4.1 - Comparte a ligazón ao REA publicado en Procomún

Nesta tarefa cada participante terá que publicar un Recurso Educativo Aberto no espazo Procomún de EducaLab. Poderase publicar o REA co que se traballou no módulo 02 ou o REA modificado no módulo 03.

As instrucións están na páxina principal do curso e resultará de gran importancia atender ao vídeo "Subir exelearning con propiedades procomun" para evitar problemas no proceso de subida ao repositorio.

As dúbidas atenderémolas no foro de dúbidas do presente módulo, aquí simplemente recolleremos as ligazóns de cada un dos REAs publicados.

A tarefa consta de tres pasos:

  1. Rexistro na plataforma Procomún
  2. Publicación do REA
  3. Compartir a ligazón neste foro

Así pois, para compartir a ligazón clicaremos no "Responder" desta mensaxe, e indicaremos o título ligado á URL de destino.

IMPORTANTE:

  • Procomún dará erro ao subir o REA si na pestaña de "Propiedades > Paquete" non temos cubertos os seguintes campos: título, Idioma, descrición xeral e obxectivos, autor, licenza, tipo de recurso de aprendizaxe e destinatario.
  • Procomún dará erro ao subir o REA si na pestaña "Propiedades > Paquete" temos marcada a opción "Crear paquete compatible con versións antigas de eXe".

(Aún no hay temas en este foro)