Tarefa 4.2: Elaboración de pequeno artigo de presentación do REA publicado

 
Imagen de Webmaster AiovaiEdu
Tarefa 4.2: Elaboración de pequeno artigo de presentación do REA publicado
de Webmaster AiovaiEdu - Wednesday, 30 de May de 2018, 10:44
 

Introdución da tarefa:

Cando traballamos con REAs simulamos o que viñamos facendo dende sempre, dende antes de existir a internet. Agora, nunha entorna en REDE, a conexión entre usuarios xa non resposta a unha relación bidireccional, senón máis a unha relación de masa, de difusión. Un suxeito emite unha mensaxe e esta é potencialmente recibida por un número infinito de usuarios.

Así, unha das revolucións máis importantes que se producen na era de internet reside no xeito en que compartimos e difundimos o noso traballo, que inflúe directamente en como nos aproveitamos posteriormente das posibles melloras que sobre el poidan facer.

O proceso de "comunicación pública", ou posta a disposición, é o que coñecemos como publicación. Facémolo para que o noso alumnado teña acceso aos recursos, pero tamén resulta interesante para xerar REDE DOCENTE, dando a coñecer o noso traballo. Chegou o momento da DIFUSIÓN.

Esta tarefa é a última, e como tal, a culminación do proceso de transformación creativa de Recursos Educativos con eXeLearing. É o momento de que o dente de león solte tódalas súas sementes. "Moitas destas sementes caerán no duro pavimento, onde non poderán prosperar. Ao dente de león non lle importa o destino de cada un dos seus fillos. O que realmente pretende é que cada un dos seus espazos ao seu redor remate cheo das súas sementes, que estas aproveiten tódalas súas posibilidades á súa disposición. Os ventos de internet poden levar o froito dos teus esforzos a tódolos destinos posibles."

Si vos interesou esta metodoloxía de traballo animámosvos a que vos acerquedes ao grupo AiovaiEducación, para colaborar e apostar por este tipo de metodoloxía de difusión do traballo feito por docentes.

Descrición da tarefa:

Realiza un pequeno artigo para dar publicidade ao REA que queres compartir. No artigo destaca aqueles elementos que consideres máis importantes a día de hoxe, xa ben sexa do propio contido, ou da aprendizaxe sobre o proceso de transformación REA, utilizando o propio recurso como exemplo. A tarefa é aberta, publicarémola na rede social do profesorado galego Redeiras, polo que non ofreceremos un único esquema de artigo que converta o traballo final nunha produción de artigos en cadea. Solicitamos así que sexades creativos.

En todo caso, é interesante ter en conta unha serie de especificacións obrigatorias que poden parecer básicas:

  1. Debe conter, en algún lugar, o nome do Recurso ligado á URL de Procomún.
  2. Debe aparecer, como mínimo, unha brevísima descrición do recurso con unha indicación da área e nivel aos que vai destinado.
  3. Debe aparecer unha indicación da licenza do recurso, comentando a posibilidade legal de ser transformado.
  4. Debe facerse referencia a que leva incluída a fonte do propio recurso.
  5. Debe conter a palabra eXeLearning ligada á páxina oficial.
  6. O artigo deberá conter, alo menos, unha imaxe.
    Imos publicar o artigo en Redeiras, esta aplicación non permite a subida de arquivos no propio blog, polo que temos dúas opcións: (1) subimos previamente a imaxe como ficheiro, ou (2) ligamos a imaxe dende unha URL pública externa a Redeiras, por exemplo calquera imaxe integrada no propio REA.

Publicación do artigo:

  1. Publicación do artigo en Redeiras no blog Grupo en Redeiras: "Os nosos REAs: Curso Transformación Creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning" (non no voso blog persoal).
    (Redeiras é moi intuitiva, pero si tendes dúbidas, no grupo "Proxecto Redeiras" tendes acceso ao manual oficial e a diferentes vídeos sobre o seu sinxelo uso)
    1. Poñémoslle un título que conteña a palabra "REA"
    2. Cubrimos un moi pequeno extracto (3 palabras suficiente)
    3. Escribimos o artigo no campo "corpo"
    4. Escribimos diferentes etiquetas separadas por comas (,)
    5. Mantemos o campo "Comentarios" > "Activado"
    6. Marcamos o "Acceso" como "Usuarios Rexistrados"
    7. Poderemos manter o estado do artigo en "Borrador" entre tanto non o rematamos.

    8. Marcarémolo publicado cando o artigo estea finalizado.

a

Entrega da tarefa:

  1. Publicamos neste foro o nome do artigo ligado ao mesmo clicando no "Responder" desta mensaxe.