Guía do curso (web)

DESCRICIÓN DO CURSO

Constituído arredor da ferramenta eXeLearning, pretende situala no seu lugar: Por un lado pretenderemos afastarnos da idea da ferramenta como fin, pero sen chegar ao punto de considerala un medio "transparente". As ferramentas tamén condicionan o uso que facemos de elas e, en consecuencia, a nosa interacción co mundo real (metodoloxía).

Parece inevitable a necesidade de formular algún tipo de obxectivo educativo previo que nos vaia a servir de guía ao longo do desenvolvemento do curso. Esta declaración inicial de principios permitiranos ir tomando decisións tecnolóxicas de calado. O curso está inspirado na metodoloxía de traballo do Centro de Desenvolvemento Currirular en Sistemas Non Propietarios (CEDEC).

AUTORES

  • PABLO NIMO LIBOREIRO
  • ANTONIO MONJE FERNÁNDEZ
  • PABLO GULÍN DÍAZ

PERSOA TITORA

Procuraremos guiarvos e axudarvos a resolver calquera problema e aclarar as dúbidas que se vos poidan presentar. Poñeremos todo o interese da nosa parte para conseguir que o curso resulte para todos/as ameno, agradable e sobre todo de utilidade.

Empregaremos a plataforma de teleformación “#########”, que funciona a través da aplicación web MOODLE. No inicio do curso facilitámosvos información para que vos manexedes con soltura na plataforma.

OBXECTIVOS.

  1. Axudar ós estudantes a comprender un conxunto de dilemas sobre os recursos dixitais escolares cos que, no contexto da sociedade da información e da comunicación, os profesores han de enfrontarse á hora de planificar os procesos de ensinanza e de aprendizaxe.
  2. Axudar ós estudantes a comprender e a valorar os factores, mecanismos e condicións que favorecen unha aprendizaxe comprensiva dos contidos escolares. Axudar ós estudantes a desenvolver a autoaprendizaxe no uso de ferramentas contedoras de contidos escolares, concretamente eXeLearning.
  3. Axudar ós estudantes a experimentar a transformación colaborativa de Recursos Educativos Abertos coa ferramenta eXe.
  4. Axudar ós estudantes a comprender e valorar a existencia de novas estruturas rede ao servizo do traballo colectivo e colaborativo.

CONTIDOS

  • MÓDULO 0
    • Presentación e contexto
  • MÓDULO 1
    • Recursos Educativos Abertos Propiedade Intelectual no eido educativo Tarefas integradas en proxectos
  • MÓDULO 2
    • Instalación e manexo da ferramenta eXeLearning MÓDULO 3 Traballo en rede, concepto de reutilización.
  • MÓDULO 3
    • Elección dun recurso dun participante do curso e mellora do mesmo.
  • MÓDULO 4
    • Busca e compartición dun dos dous REAs traballados na rede (repositorios)

METODOLOXÍA

O curso contén diferentes tipos de tarefas (lectura, creación de textos, discusión, construción e publicación de contidos) para as que será imprescindible a interacción social dos participantes, é por isto que os diferentes módulos non aparecerán abertos dende o comezo, senón que seguiremos unha secuenciación común de tarefas.

Partimos da seguinte conceptualización psicopedagóxica tomada do profesor Juan Carlos Pardo Pérez: Toda práctica educativa responde e está fundamentada nunha concepción psicopedagóxica particular, sexa esta implícita ou explícita. O presente curso enmárcase explicitamente nunha concepción construtivista do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar, concepción a que contribúen dun modo especial a Epistemoloxía Xenética de Jean Piaget, a Teoría da Orixe Sociocultural dos Procesos Psicolóxicos Superiores de Lev S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de David P. Ausubel. A pesares das diferencias de matiz que poida haber entre elas, estas tres teorías aportan un conxunto de ideas directrices para a intervención psicopedagóxica:

  1. O suxeito constrúe o seu coñecemento (aprende) gracias a súa actividade co medio.
  2. Estes coñecementos constitúen en cada momento a base dispoñible ou o punto de partida para construír novos coñecementos (para efectuar novas aprendizaxes).
  3. Dado que estes coñecementos son construcións culturais (trátase de elaboracións feitas polas persoas), a actividade do individuo está en todo momento mediada por axentes expertos (pais, compañeiros, profesores, etc.) que, a través de actividades de ensinanza, promoven a aprendizaxe.
  4. Se, como se dixo anteriormente, o suxeito aprende a partir da organización de coñecementos dos que xa dispón, favorécese e promóvese a aprendizaxe canto mellor se coñeza aquelo que o alumno xa sabe, porque así será posible conectar os novos contidos cos que xa posúe (fálase neste caso de aprendizaxe significativa).

ESTRUTURA DO CURSO

Este curso está organizado en 5 módulos:

  • MÓDULO 0: Presentación e contexto
  • MÓDULO 1 "Que queremos facer?"
  • MÓDULO 2 "Como o facemos?"
  • MÓDULO 3 “Como o melloramos?”
  • MÓDULO 4 "Como o publicamos?"

SEGUIMENTO E DESENVOLVEMENTO DO CURSO

Ao longo do curso realizaremos unha combinación de diferentes tipos de actividades:

  • Tarefas lectura: 3 (14 horas)
  • Tarefas textuais: 3 (11 horas)
  • Tarefas publicación: 4 (11 horas)
  • Tarefas produto: 4 (12 horas)
  • Tarefas de revisión: 1 (2 horas)

Producións esperadas

Como mínimo, ao finalizar o curso obteremos tantos Recursos Educativos Abertos como participantes. Cada un de estes REA estaría modificado por mínimo dous participantes do mesmo. Serán polo tanto obras colectivas.

O curso pretende sensibilizar sobre a importancia de traballar con licenzas libres para lograr recursos que poidan ser dende un punto de vista técnico reutilizables.

O curso partirá de múltiples contidos xa elaborados, ou outros orixinais, polo que será unha obra colectiva.

No caso das licenzas a utilizar apostamos directamente polo uso da Creative Commons BY-SA, polo que tanto as obras das que partamos como os produtos finais deberán ter este tipo de licenza.

Ademais incluirase de xeito transversal a necesidade de traballar con recursos accesibles. Para isto será importante cubrir os metadatos de imaxes, ligazóns, recursos, ter en conta a simpleza nas tipografías etc.

COMUNICACIÓN COA PERSOA TITORA

O curso conta con varios foros:

  • Foro de presentación
    • O foro de presentación servirá para que cada participante se presente ao resto da comunidade do curso, comentando os datos que considere oportunos e as súas expectativas de formación.
  • Foro de novas
    • Dispoñemos tamén dun foro de “novas” no que vos iremos informando de diferentes aspectos ou aclaracións sobre a marcha do curso.
  • Foro de módulo
    • Ademais, en cada módulo, existirá tamén un foro para propoñer temas de discusión, debater, solicitar axudas e participar na aprendizaxe colaborativa. Para comunicarse co profesor titor débese empregar principalmente os foros indicados, só nos casos xustificados atenderase ao correo electrónico pablonimo@edu.xunta.es, ou á mensaxería interna de #########.

TEMPORALIZACIÓN. CALENDARIO

O curso comezará o día ######### e rematará o día #############. As tarefas asociadas a cada módulo deberán ser presentadas nos transcurso do desenvolvemento de cada un deles.

Os módulos teñen unha organización similar. Lectura, discusión e reelaboración dun produto.

A continuación preséntase unha táboa coas temporalización dos módulos e o tempo estimado para cada unha das tarefas propostas:

MÓDULO TIPO TÍTULO HORAS Data inicio/fin
0 Presentación e contexto 1
1 Que queremos facer? 15 #########
Lectura Lectura pedagóxica 2
Lectura Lectura técnica 4
Tarefa textual Elaboración dun artigo e participación no foro 4
Tarefa produto Elaboración do guión do REA 5
2 Como o facemos? 12 #########
Lectura e práctica Probas eXe 8
Tarefa produto Maquetar o REA 2
Tarefa publicación Publicación interna do REA 2
3 Como o melloramos? 11 #########
Escolla Elección do recurso a mellorar 2
Tarefa textual Informe previo de modificación 2
Tarefa produto Modificación 2
Tarefa produto Modificación da pantalla de autoría 3
Tarefa publicación Publicación interna 2
4 Publicación externa e difusión 11 #########
Tarefa publicación Publicación do recurso no espazo Procomún 6
Tarefa textual Creación dunha entrada de blog para a difusión nas redes 5
Semana final de axuste #########

Duración total do curso en número de horas de formación: 50 horas.

AVALIACIÓN

Que avaliar (o proceso? o produto? as competencias? os obxectivos? …) Avaliaremos principalmente a participación. Hai que ter en conta que existen cursos presenciais onde só se avalía o presentismo. En todo caso, dentro da participación, propóñense tarefas de análise do traballo realizado, e publicación do traballo realizado que deben ser publicables na rede, o que lle da un carácter maior a nivel de esixencia.
Cando avaliar (antes? durante? despois? do proceso de ensino / aprendizaxe) O proceso de avaliación é permanente, dende o comezo que é cando se analiza o punto de partida, pasando polo desenvolvemento do curso na realización de cada unha das actividades, e unha avaliación final onde se realiza a presentación final do traballo realizado.
Quen avalía (heteroavaliación? coavaliación? autoavaliación?) principalmente os alumnos do curso a través de procesos de autoavaliación e coavaliación nos foros. O titor, dende a súa función de mediación, participará como experto cultural nos obxectivos que se pretenden alcanzar.
Como avaliar (que ferramentas usarás para recoller datos, información...) A ferramenta máis válida para avaliación do traballo en rede son os foros. Logo, sempre dependendo do tempo dispoñible, podemos deseñar pequenos cuestionarios de autoavaliación que lle permitan aos alumnos identificar o punto no que se atopan, ou analizar o estado xeral do grupo.

En todo caso, de cara a determinar a superación do curso, engádese unha táboa coa porcentaxe de cualificacioń para cada tarefa:

Número de tarefa Título da tarefa Ponderación
1.1 Elaboración dun artigo e participación no foro 10%
1.2 Elaboración do guión do REA 10%
2.1 Maquetación do REA 10%
2.2 Publicación interna do REA 10%
3.1 Informe de modificación do REA 10%
3.2 Modificación do REA 10%
3.3 Modificación da pantalla de Autoría 10%
3.4 Publicación interna do REA derivado 10%
4.4 Publicación do REA no espazo Procomún 10%
4.5 Creación dun artigo de blog 10%

Para superar o curso deben obterse polo menos o 80% da puntuación total.

APLICACIÓN PRÁCTICA NAS AULAS

O obxectivo principal de todo este proceso de formación é o de mellorar as competencias dixitais do profesorado e facilitar a mellora da calidade do ensino fomentando a aplicación práctica desta formación adquirida.

Suxerimos que paralelamente ao curso experimentedes levando as tarefas que se propoñen a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao ensino e creando pouco a pouco a vosa propia estrutura Tic ou participando da dinamización Tic do voso centro.

REQUERIMENTOS PARA SEGUIR O CURSO

Tecnoloxicamente o curso móvese nunha concepción tecnolóxica copyleft, o que implica a necesidade de utilizar ferramentas de software libre. Preténdese sensibilizar sobre o uso de estas ferramentas xa que representan unha durabilidade maior das destrezas técnicas adquiridas con respecto ao software privativo.

Haberá espazo para tratar o tema dos principio tecnolóxicos de accesibilidade, adaptabilidade, durabilidade e interoperabilidade recollidos na norma SCORM.

O software que se require para a realización do curso é:

  • Navegador web de software libre: Mozilla Firefox
  • Ferramenta de autor de software libre: eXeLearning
  • Dependendo do traballo de cada un editores de obxectos básicos: por exemplo Gimp, Audacity...
  • O curso debe realizarse con un PC, e aínda que é posible realizar moitas das actividades en tableta dixital, estas non admiten de momento a instalación de eXeLearing.
  • Dispoñer de acceso a webs dinámicas, páxina web do voso centro. (Estar dado de alta para acceder a drupal, moodle…)
Última modificación: Saturday, 2 de September de 2017, 13:25