Distribución e acceso á aula virtual de probas

De cara a publicar os REA que elaborados no presente módulo, ponse a disposición do profesorado participante unha Aula Virtual (Moodle) de formación similar á que, a través do Proxecto Websdinámicas, teñen tódolos centros públicos de Galicia.

Instrucións para o acceso á Aula Virtual de formación:

  1. Accedemos á pantalla de "Contrasinal esquecido" da Aula Virtual de formación
  2. Indicamos o noso nome de usuario ou correo electrónico.
    O noso nome de usuario é o mesmo que o do correo "edu", sen o indicador do servidor "@edu.xunta.es"
  3. Clicamos en "Buscar"
  4. Consultamos o correo "EDU" e seguimos as instrucións do correo electrónico recibido.

As indicacións para a publicación do recurso na Aula Virtual están na descrición da tarefa.

Cada participante ten permisos de "profesor con edición" no curso que se relaciona a continuación:
(IMPORTANTE: Tódolos cursos están configurados para permitir o acceso a convidados sen chave, polo que todo o que alí fagades será visible para favorecer o feedback entre participantes).

NOME APELIDOS CURSO
Última modificación: Tuesday, 29 de May de 2018, 12:05