Saltar navegación

Que queremos facer? eXeLearning?

eXeLearning é unha ferramenta de código aberto (open source) que facilita a creación de contidos educativos sen necesidade de ser un experto.

Todo o que estea publicado na Internet e poida ser compartido, podes incluilo nos teus traballos con eXeLearning! Crea contidos con texto, imaxes, vídeos, audios, animacións, recursos, recursos web 2.0... Non esquezas respectar as licenzas e nomear ao autor. Compartindo gañamos todos!

Nesta primeira parte do curso tentaremos situar a perspectiva xeral dende un punto de vista metodolóxico que, aínda que non estea relacionado coa propia ferramenta, inflúe directamente no uso e na evolución da mesma. Recorda, eXe é Software Libre e adáptase ao que a comunidade precisa!

Tetaremos resolver a pregunta "Que queremos facer?" para que a motivación dos participantes do curso no uso de eXe sexa máxima. Ademáis, isto situará a importancia da ferramenta como "medio" para o logro de obxetivos educativos, pero nunca como un fin en si mesma.

eXeLearning.net é un proxecto aberto. Achégate a eXeLearning.net e plantexa suxerencias, melloras e novas utilidades. A túa colaboración é benvida.